“O Camiño dos Faros da Costa da Morte. Unha das iniciativas turísticas máis interesantes na nosa terra. Non deberían desaproveitar os concellos e as institucións turísticas este tirón popular para impulsar e cuidar esta fermosa ruta. Que alguén me diga que outras rutas costeiras ou de montaña poden ter este atractivo.
E non só pola beleza natural da propia costa e a paisaxe que atravesa, senon tamén pola lenda, o misticismo e a inmensa historia de naufraxios e outros sucesos que atesora. Non son eu de escribir ou opinar nestes foros, pero non poido, neste caso, deixar de apoiar ainda que sexa coa miña humilde opinión, o que eu entendo é unha grande iniciativa duns poucos que aman a Costa da Morte, e que é de xustiza remarcalo e apoialo.
Sempre digo que moitos dos recursos da nosa terra están desaproveitados, e iste é un dos principáis e ademáis un dos que máis nos distingue.
É a xente, como pasa neste caso, a que finalmente ven a defender e cuidar o noso patrimonio xa que é a herdanza que lle deixamos aos nosos fillos. Pero as institucións deben ser sensibles e saber ver o que é mellor para o noso futuro e priorizar as inversións no que é importante e prioritario para o adecuado desenvolvemento da nosa terra, polo ben de todos nós.
A Costa da Morte non ten este nome por un carácter despectivo ou un significado negativo, ben podería ser a da Vida, pero temos a sorte de que é aquí onde morre o Sol, e a terra do Solpor, de ahí o nome máis mítico e fermoso que pode ter a nosa Costa. Coidémola e amémola.
Graciñas Traski Costa da Morte e a todos os tranos pola vosa iniciativa e traballo. Vos si que protexedes o Noso. Noraboa.”